Grupos

MilóManos serán os encargados de abrir o Sons Na Cortiña ’16 o domingo 28 ás 14:00h A banda formouse a principios de 2014 como dúo acústico por Emilio Aguiar «Milo» (Guitarra Acústica, Ukelele e Voz) e Manuel Pérez «Manu» (Guitarra Acústica e voz).Como grandes melómanos e combinando os seus nomes, xogan coas palabras que dan orixen ao nome da formación. Basado nun son acústico, fan temas propios, versións de clásicos e temas emblemáticos do Pop, Rock, Blues, etc, así como de tendencias máis actuais. Acompañados por Julián Martínez (Maneida) ao baixo e Antón Casal (Rebel Roots) á batería, danlle á formación unha base máis sólida e rocosa como banda, pola súa gran aportación como músicos e como amigos.

Xa pola tarde, ás 17:30 h, temos a Los Plutones ‘A história do rock para nenos e nenas’ cunha proposta novedosa pola que este grupo coruñés ensina clásicos do rock and roll mentres narran unha historia. Félix Arias (guitarra e voz), Samuel Pérez (batería) e Alberto Villarroya (baixo e voz) ofrecen un espectáculo para que toda a familia descubra e redescubra os temas máis importantes das diferentes xeracións deste estilo musical.

Ás 18:45 tócalle a The Lákazans , unha banda de blues, country e soul que despega, dende Santiago de Compostela, co seu primeiro album, Homegrown; unha explosión de vertentes procedentes da música americana de composición propia. Os seus directos son a súa mellor carta de presentación, a calidade na improvisación dos músicos e a posta en escena das súas vocalistas no deixan indiferente ó espectador.

No Sons Na Cortiña sempre apostamos polas bandas locais, e este ano teremos no escenario a SANDFORD MUSIC FACTORY ás 20:15h. Son unha banda creada no ano 2005 e que nestes últimos anos levou o nome de San Sadurniño a unha chea de escenarios de toda a peninsula. Con 2 discos no mercado, que colleitaron grandes críticas en revistas e webs especializadas, a banda ofrecenos un potente directo no que poderemos degustar petiscos de rock setentero, grunge, contundencia stoner e arranxos de folk americano.

Familia Caamagno estarán no escenario da finca da Cortiña ás 21:45 h presentándonos «Para unha vez que saímos», a nova entrega discográfica da banda de Sigüeiro, Este disco chega trala excelente acollida do predecesor «Hai que andar cos tempos!» por parte de medios especializados como El Sótano De Radio 3, que escolle o tema Surfistas Nazis coma unha das 100 mellores cancións do ano 2014, ou como a revista Mondo Sonoro, que selecciona o disco entre os 3 mellores de Galicia dese mesmo período, a Familia Caamagno e sen dúbida unha das bandas máis en forma da escena rock galega e que contan cun enérxico show ao vivo co que tratan de cumprir un dos seus obxectivos fundacionais: «corromper e dexenerar á mocidade do século XXI a través do baile e a diversión lasciva do rock’n’roll».